Esta plataforma educativa ten como obxectivo xeral a formación online dos/as solicitantes do certificado de profesionalidade de Operacións de fontanaría e calefacción-climatización doméstica nos contidos formativos deseñados para a modalidade mixta (online-presencial).
Para lograr a adquisición e mellora do coñecemento do alumnado, a plataforma ten como obxectivos específicos:
- Dispoñer os contidos formativos online do certificado deseñados para a modalidade mixta e que permiten a adquisición de coñecementos para
- realizar a provisión, preparación e presentación dos elementos e materiais necesarios para a instalación de fontanaría.
- efectuar a instalación de tubaxes, preparando, cortando e unindo tubos para a condución de auga e desaugadoiros seguindo as medidas de seguridade e normas medio ambientais establecidas.
- Permitir obter unha maior comodidade e flexibilidade espacio-temporal do alumnado na súa formación.
- Favorecer a autoaprendizaxe e a aprendizaxe colaborativa dos/as alumnos/as.
- Ofrecer recursos multimedia (imaxes, gráficos, vídeos, …), permitindo dispoñer de contidos formativos ricos e creativos.
- Posibilitar a actualización inmediata dos contidos formativos dispostos nela.